Comeza a funcionar a nova parada de bus da avenida de Uruguai
Por Redacción
O luns, 18 de febreiro, comezará a funcionar a nova parada de autobús situada na avenida de Uruguai, entre a parcela do Colexio de Arquitectos e a Ponte do Burgo, logo de que se procedera ao pintado e a rematar os últimos traballos de instalación.
O concelleiro de Patrimonio Histórico, Luís Bará coordinou a posta en marcha desta parada xunto á Policía Local e as empresas de transporte que a usan.
Deste xeito, devólvese á súa situación orixinaria a parada de autobús do Mercado de Abastos, tal e como viña demandado o comercio da Zona Monumental.
A nova parada ten unha lonxitude de 28 metros, con cabida para dous autobuses, e tamén ten unha marquesiña de vidro para protexer aos usuarios do transporte que une a cidade con Lérez, Alba e Monte Porreiro das inclemencias meteorolóxicas.
Aproveitando o cambio da parada de autobús, próximamente acometerase unha reordenación do estacionamento na zona da avenida de Bos Aires que actualmente ocupa a parada do bus. Está previsto convertila nun espazo de estacionamento de servizos, con parada máxima de 15 minutos. Esta medida busca dar mellores servizos ao comercio da zona e á Praza de Abastos.