Novo convenio colectivo na Deputación: máis flexibilidade e melloras en atención ás vítimas de violencia de xénero
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra aprobará no pleno deste venres o novo convenio colectivo do persoal da institución.
O deputado de Réxime Interior e Persoal, Carlos López Font, subliñou este xoves en rolda de prensa que o goberno provincial quixo levar ao convenio colectivo aquelas iniciativas que defenden a nivel político como son a conciliación familiar, a loita contra a violencia de xénero e a dignificación da labor dos funcionarios.
Este novo acordo laboral conta co respaldo de todos os sindicatos e dos grupos da corporación provincial xa que foi aprobado por unanimidade na comisión informativa.
Unha das suxerencias, que López Font destacou como das máis importantes, é a feita pola deputada de Igualdade, Isaura Abelairas, para añadir que nas licencias ao persoal funcionario se contemple a prestación ao cen por cen dende o primeiro día motivada pola situación física ou sociolóxica derivada dalgún episodio de violencia de xénero.
Outro dos compromisos políticos adquiridos coa representación sindical é, cumprindo coa lexislación laboral, o estudo da posibilidade de ir repoñendo ate os nove os días de libre disposición dos traballadores "algo que podría hacerse ya si la Xunta de Galicia, que es quien tiene las competencias, lo decreta de manera inmediata", dixo Font.
Igualmente, Carlos López Font destacou o compromiso de dar estabilidade na contratación laboral que se fai na Deputación, dentro do máximo que permite a lexislación laboral, para que se achegue ao ano de duración.
Respecto ás xornadas laboráis dos funcionarios inclúe a percepción íntegra das retribucións e ata a metade da xornada de traballo diario para atender ó coidado do cónxuxe ou parella de feito, así como familiar de primeiro grao de consanguinidade por razón de enfermidade moi grave e para atender ó coidade dun fillo menor de idade que padeza cancro ou calquera enfermidade grave que implique hospitalización de longa duración (como máximo ata que o menor cumpra 18 anos).
Con diminución proporcional das retribucións: Redución de entre 1/2 e 1/8 para o coidado de menores de 12 anos por razóns de garda legal e para coidado de cónxuxe ou parella de feito ou familiar de ata o segundo grao de consanguinidade que, por accidente ou enfermidade, non se poida valer por si mesmo. Tamén poderán reducir a xornada (9:00 a 14:00) o persoal con postos con nivel de complemento igual ou inferior a 28 percibindo o 75% das súas retribucións.
No que respecta á flexibilidade laboral a todo o persoal, realizando o seu traballo nun horario fixo de entre as 9,00 e as 14,30 e permitindo completar a xornada entre as 7,30 e 20,00 horas.
Para poder conciliar permitirase que os traballadores con fillos, maiores a cargo, persoas con discapacidade, enfermidade grave de familiar ata o segundo grao, así como aqueles con fillos menores de 12 anos que lles impida asistir ó centro escolar segundo prescrición médica, aqueles con fillos que inicien gradualmente as actividades lectivas, aqueles con xornadas especiais e réxime de quendas, as e os que finalicen o tratamento de radioterapia ou quimioterapia e aqueles inmersos en procesos de nulidade, separación ou divorcio, poidan realizar o seu traballo nun horario fixo de 9,30 13,30 ou de 10,00 a 14,00 e completar a xornada en horario comprendido entre as 7,30 e 20,00 horas.
Na aplicación da política de violencia de xénero os funcionarios poderán reducir a súa xornada ou reordenen o tempo de traballo para facer efectiva a súa protección ou dereito a asistencia social integral. Tamén inclúese un permiso especial por violencia de xénero é a maiores, completamos a prestación económica de ata o 100% da súa retribución nos casos de incapacidade temporal por continxencias comúns, motivada pola situación física ou psicolóxica derivada da violencia de xénero.