Bueu promete una Festa do Polbo "diferente" para este año
Por Redacción
A Festa do Polbo de Bueu chegará este ano con importantes novidades. Así o avanza a concelleira de Turismo, Silvia Carballo, que ven de convocar unha comisión para informar aos grupos da oposición sobre este evento, que se vai celebrar este ano do 12 ao 15 de agosto no Campo de A Estacada.
Así, nesta edición o Concello queda só como organizador e non venderá o tradicional polbo á feira, que se deixa á hostalaría, que ten marxe para comercializalo xunto coas diversas variedades a 5 e a 7.50 euros.
Os establecementos participantes son Rosa de los Vientos, Café Bar Nuncia, Restaurante El Ancla e Restaurante O Rincón de Cela.
Ademais, nos vindeiros días seguiranse ultimando detalles referentes á persoa que se vai encargar do pregón e varias actuacións musicais que están previstas.
A festa celebrarase nunha carpa sita no Campo da Estacada, onde vai ter lugar o tan agardado Festival SonRías Baixas de Bueu do 5 ao 7 de agosto.
Desde o Concello queren tranquilizar aos participantes e visitantes, pois a idea é que se coloque tamén unha moqueta no chan para evitar a polvareda que se poida levantar neste campo.