VÍDEO.- Rescates caninos en Sanxenxo, un can no interior dun pozo e outro encerrado nun coche ao sol
Por Oskar Viéitez
Na xornada deste martes Sanxenxo viviu un par de rescates nos que os seus protagonistas foron dous cans.
A acción máis rechamante foi a intervención dunha dotación de Emerxencias Sanxenxo para recuperar a un can do fondo dun pozo.
Os servizos de emerxencia tiveron que descender axudados con cordas para poder recuperar con éxito ao animal.
No segundo caso, unha neglixencia a punto estivo de custarlle a vida a un can cuxos donos deixaron encerrado ao sol no interior dun coche.