Unha estufa causa un incendio nunha vivenda de Poio
Por Oskar Viéitez
Unha estufa causou esta noite un incendio nunha vivenda da rúa Oliveira en Poio. O calefactor atopábase nunha habitación baleira, mentres que os propietarios do piso permanecían noutra estancia. Eran as nove da noite.
Curiosamente non se decataron do que estaban pasando polas lapas ou o fume, senón porque un curto circuíto a causa do lume provocou un apagón. Entón chegou o susto.
Inmediatamente alertaron do incendio aos servizos de urxencia. Ata catro vehículos dos parques de bombeiros de Ribadumia e do Salnés, máis unha motobomba de Protección Civil de Poio desprazáronse ao lugar do suceso.
Ademais, tamén interviron a Garda Civil e a Policía Local que, por seguridade, ordenaron o desaloxo do inmueble.
Afortunadamente non se produciron danos persoais. Iso si, segundo informaron os servizos de emerxencias o lume e o fume ocasionaron importantes danos na vivenda.
Relacionadas:
-
O alcalde de Poio estuda fórmulas para que os Bombeiros de Pontevedra interveñan no seu municipio
Por Redacción |
-
Os propietarios da vivenda incendiada en Poio reclamarán pola ineficacia do mapa de emerxencias
Por Redacción |
-
Pontevedra alerta de que incendios como o de Poio "seguirán pasando" pola "chapuza" do mapa de urxencias
Por Alejandro Espiño |
-
Por que esperar aos do Salnés se os bombeiros de Pontevedra están a só 500 metros?
Por Oskar Viéitez |