Non é atún todo o que cae nas redes
Por Oskar Viéitez
A patronal Opagac (Organización de Produtores Asociados de Grandes Atuneros Conxeladores) organizou para o mércores 27 de xullo en Marín unha visita ao atunero "Jane IV", propiedade de Pesquera Ugavi, para formar e informar as tripulacións sobre a "pesca responsable".
A embarcación estase reparar nos estaleiros Nodosa de Marín, para facerse á mar o día 1 de agosto. Ao acto acudirá o secretario xeral de Pesca, Andrés Hermida, así como a conselleira do Mar, Rosa Quintana, entre outras autoridades.
Os atuneros españois presentaron a primeira norma Aenor (Asociación Española de Normalización e Certificación) para os buques que queiran acreditar que as súas capturas proceden dunha "pesca responsable", unha iniciativa tamén pioneira a escala mundial.
Nas redes dos atuneros cerqueiros conxeladores captúranse outras especies ademais de túnidos. Son capturas non desexadas, descartes ou pesca incidental.
O propósito é que esa pesca incidental baixe ata situarse en cero polo que hai que aplicar toda unha serie de medidas que afectan as condicións de vida e traballo a bordo de tripulacións dos buques atuneros. En total 1.600 tripulantes embarcados nos 40 buques da frota española.
Este mércores presentaranse de forma práctica na visita ao buque atunero Jane IV no Porto de Marín. É un paso máis para que as entidades de certificación poidan acreditar o seu cumprimento e converterse así na primeira frota en dispoñer dun certificado destas características no mundo.
Relacionadas:
-
Marfrío asina un convenio colectivo con 2.000 euros anuais de salario por encima do sector
Por Oskar Viéitez |
-
"Vamos a ser imitados por otras flotas, pero eso es algo que queremos, para el beneficio de todos"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Nodosa garante ano e medio de traballo tras o encargo dun arrastreiro
Por Redacción |
-
Nodosa despacha unha peza de 95 toneladas
Por Redacción |