Detido por roubar nunha casa en Vilagarcía. E van máis de 25
Por Redacción
A Policía Nacional detivo nas últimas horas un veciño de Vilagarcía por presuntamente entrar a roubar nunha vivenda da avenida de Ponteveda, nos arredores desta localidade arousá. Ademais deste arresto en si, o máis rechamante é que se trata dun individuo que xa se converteu en habitual das dependencias policiais, pois foi detido en máis de 25 ocasións por delitos similares.
Nesta ocasión, tras acceder á vivenda por unha xanela da parte posterior, dirixiuse a un dos dormitorios e subtraeu o diñeiro que a propietaria tiña gardado no caixón da mesilla de noite. A continuación, abandonou o lugar e, por mor da denuncia presentada, a Policía Nacional puido identificarlle e finalmente proceder á súa detención.
Segundo informou a Policía Nacional, este home xa fora detido o pasado mes de xuño cando aínda levaba encima os obxectos do domicilio no que acababa de roubar.
En moitos dos seus roubos utiliza o mesmo modus operandi. Chama ao timbre ou ao telefonillo en casas das aforas para asegurarse a ausencia de moradores e aproveita calquera xanela ou porta aberta para acceder ao interior.
Ante a detención destes roubos, desde a Comisaría Provincial de Pontevedra lanza unha serie de recomendacións para evitar que os cidadáns sexan vítima dun roubo na súa vivenda, empezando polo consello de non facilitar o acceso ao seu edificio a persoas descoñecidas ao mesmo.
Cando chamen ao telefonillo da súa vivenda, non abra nunca a descoñecidos, evitando así o acceso ao edificio sen control de estraños e, se se trata de traballadores de servizos técnicos (gas, luz ou auga), esixa sempre acreditación da súa identidade e confírmea telefonicamente se fose preciso.
Outros consellos para seguir son: comprobe que xanelas e portas están ben pechadas, e estas últimas con dúas voltas de chave, non baixe totalmente as persianas e se lle é posible instale un reloxo programador para iluminar distintas estancias da vivenda a diferentes horas, non deixe diñeiro nin obxectos de valor á vista, non desconecte o timbre da porta (é un sinal inequívoco de ausencia) e se vive nunha vivenda unifamiliar das aforas, non salga á leira anexa deixando portas ou xanelas abertas.
Relacionadas:
-
De novo en liberdade o presunto autor de 23 roubos en domicilios de Vilagarcía
Por Oskar Viéitez |
-
Detido co botín escondido nos calzóns tras roubar en dúas vivendas en Vilagarcía
Por Redacción |
-
Ingresa en prisión o individuo detido en varias ocasións por roubos en vivendas de Vilagarcía
Por Redacción |