A Xunta asegura que non haberá ningunha prórroga automática para Ence
Por Oskar Viéitez
A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e urbanismo, Encarnación Rivas, afirmou que na ampliación das concesións en Dominio Público, a Lei de Costas establece que non haberá ningunha prórroga automática para as ocupacións industriais no litoral, como é o caso de Ence, e insistiu en que as comunidades autónomas deberán emitir un informe determinante.
Encarnación Rivas aclarou en Comisión parlamentaria que a Comunidade galega sae "especialmente beneficiada " coa nova Lei de Costas, na que traballo o Goberno "xa que ve recoñecida a súa singularidade territorial no ámbito costeiro, tal e como vén defendendo a Xunta ao longo da pasada lexislatura".
Galicia é a Comunidade Autónoma con máis quilómetros de litoral: 82 concellos e preto de 2.500 quilómetros de costa.