Ferido un conductor que chocou contra un poste en Chancelas
Por Redacción
Un home resultou ferido nun accidente de tráfico que se produciu este luns na PO-308, ao seu paso polo núcleo de Chancelas (Poio).
Segundo informou o 112 de Galicia, o turismo que conducía saíu da estrada e chocou contra un poste.
O condutor resultou ferido e foi trasladado por unha ambulancia de Urxencias Médicas a un centro hospitalario de Pontevedra.
Como consecuencia do golpe, o poste quedou inestable e corre risco de caer. Ademais, o vehículo verteu aceite na vía, polo que o persoal do 112 Galicia solicitou a intervención do equipo de limpeza e mantemento da Axencia Galega de Infraestruturas.
Foi un particular quen contactou co 112 sobre as 9.30 horas e, a partir de aí, activouse un operativo no que tamén participaron os membros do GES de Sanxenxo e os axentes da Garda Civil de Tráfico.