Retiran 350 quilos de lixo do río Gafos nunha nova xornada de limpeza de Vaipolorío
Por Redacción
Os voluntarios de Vaipolorío volveron demostrar este domingo o seu compromiso pola recuperación ambiental do río dos Gafos cunha nova xornada, a cuarta deste ano, da campaña de limpeza do río e da súa canle.
En concreto, 21 persoas participaron nesta nova iniciativa cidadá.
Segundo informa o colectivo ecoloxista, formáronse catro grupos de traballo que actuaron no tramo rural do río en Tomeza, Bértola e Figueirido.
Retiráronse, aproximadamente, uns 350 quilos de lixo.
O próximo domingo 31 de xullo repetirán esta acción ambiental. Os interesados poden achegarse ás dez da mañá á estación de autobuses de Pontevedra.