Concello e patronal alíanse para captar recursos para a formación laboral
Por Redacción
Cámara de Comercio, Aempe, Asociación de Jóvenes Empresarios e o Concello de Pontevedra acordaron elaborar un proxecto conxunto de emprendemento e formación e inserción laboral. "A situación actual obriga xa non só a coordinar, senón a unificar todas as propostas que se realicen dende Pontevedra", sinalaron.
A concelleira de Promoción Económica, Carlota Román, explicou que ante o drástico recorte nas axudas públicas da Xunta para as actividades de formación laboral e a supresión do BIC Galicia, o ente encargado ata o de agora do apoio docente e material a este tipo de cursos e actividades, "pódese decir que na práctica desapareceron boa parte dos recursos públicos neste eido".
Traballarán nun proxecto conxunto de emprendemento e formación e inserción laboral
Os técnicos da Concellería de Promoción Económica e as organizacións empresariais traballarán nas próximas semanas na elaboración do proxecto conxunto, que deberá ter un carácter innovador para poder competir nas convocatorias que realice o IGAPE nun contexto tan restritivo.
Tamén tomouse o acordo de colocar un soporte físico nun punto céntrico da cidade no que se informe de cantas convocatorias que, en materia de formación e emprendemento, realicen a Concellería de Promoción Económica, e as organizacións empresariais.