O PP demanda regular os estacionamentos de servizos e aumentar o tempo de uso de 15 a 30 minutos
Por Redacción
O PP de Pontevedra móstrase moi crítico coa regulación das áreas de estacionamento na cidade e decidiu actuar. Este venres anunciou que levará ao próximo Pleno da corporación unha moción para o seu debate na que pide que o goberno local aproba unha ordenanza específica que regule as zonas de aparcadoiro dedicadas a Servizos.
Ademais de pedir esa nova ordenanza, achegan ideas sobre como debería ser o seu contido, pois os 'populares' propoñen que se amplíe de 15 a 30 minutos o tempo máximo permitido para estacionar os coches nas zonas sinaladas como servizos e tamén nas dedicadas a carga e descarga.
O portavoz do PP, Jacobo Moreira, explicou que a súa proposta é que se redacte unha ordenanza que regule, en concreto, "qué son servicios" porque "la ciudad está plagada de señales que prohíben aparcar 'excepto servicios', pero nadie en el ayuntamiento sabe explicar qué significa servicios".
Ademais, chama a atención sobre o feito de que en Pontevedra dáse o "paradoxo" de que hai sinais de limitación do espacionamiento reservando prazas para servizos, pero non hai normativa que regule eses servizos e, con todo, si hai unha ordenanza de zona azul cando non existen aparcadoiros desta tipoloxía na cidade.
"Los vecinos no saben, ni pueden saber, cómo actuar", denuncia Moreira, que considera que esta falta de ordenanza provoca "una completa inseguridad jurídica a los conductores".