O Concello de Marín replica ás críticas de abandono do BNG e contraponas con datos da súa planificación
Por Redacción
O "abandono" que o BNG criticou esta semana no Parque dos Sentidos da Finca de Briz recibiu unha contrarréplica do Concello de Marín. O grupo de goberno do PP e, en concreto, a concelleira Marián Sanmartín asegurou que "en ningún caso a situación do Concello corresponde co estado denunciado", nin nesa zona nin noutras do rural do municipio sobre as que xa realizaran críticas en días previas.
Sanmartín asegura que existe unha planificación para a conservación e limpeza dos viarios do rural que pon o acento na coordinación do servizo de tractor municipal coas brigadas de roza a pé da Fundación Juan XXII, para dar resposta áxil e eficiente ás necesidades veciñais.
En relación co Parque dos Sentidos, asegura que recentemente se abordaron riscos para os usuarios do parque, como perigo de esborralle de árbores secas, dando solucións respectuosas coa contorna, atraendo a máis público á leira e dotando de maior interese cultural ao parque grazas ao proxecto das esculturas.
Co propósito de que "non exista equívoco" acerca das actuacións do concello nas contornas de rural, facilita unha listaxe de traballos realizados e a previsión de traballos para o que resta de verán:
Barrios rozados no mes de maio: Pedreiras, Pedreiras de Abaixo, A Estivada, Arealonga, A Cañota, Pitanxo, A Laxe, Soto do Carregal, O Carragal, Casal, Bravos, Viñas Brancas, Coirados, A Raña, Outeiro, Carballal, Campo da festa de San Xulián.
Barrios rozados no mes de xuño: Teoira, Casás, Moledo, Loira, Bouza, Aguete, Montecelo, Mogor (entre PO- 551 e o viario de praias), accesos a praias, carreiro de Teoira a Loira, entre outros traballos puntuais no municipio como o campo da festa de Árdán.
Barrios a rozar nos meses de xullo e agosto: Resille, Cabodevila, Picotes, Malvido, Casás, Vilaseca, Xermade, O Con, Bexa, Soaxe, a Brea, Castro, Aniñada, Sequelo, Sete Espadas, San Xulián, Cruceiro do Vento, Bagüín e parte alta de Mogor e O Pozo.
Barrios a rozar nos meses de agosto e setembro: Macenlle, Roza, Igresario, Vista Alegre, Currás, Coirados, Cidrás, Porteliña, Moureira, Pastoriza, entre outros con necesidade de roza.
Montes a rozar entre xullo e setembro: Castro da Subidá (feito en xullo), Monte entre o viario de praias e o barrio de Mogor (en execución), Monte Pituco, Monte do Cruceiro do Vento, Monte Teixugueiras, Monte entre depósito de augas e cemiterio de Mogor e noiros encima dos petróglifos.
Zonas de roza con tractor: Silvestre, Troncosa, Miñán, Espérela, O Pozo, Cadrelo, Pereiro, Allariz, Iglesario de Santomé, O Coto, Cernello, A Torre, Lamieron, Cabodevila, Xuncal, Picotes, Pazo, Pastoriza, Vilaseca, Xermade, O Con, Fixón, Abesadas, Ameal, Ouviña, Currás, Sobreiras, Pardavila, Moreira, Cidrás, Porteliña, Macenlle.