Masa Crítica denuncia unha ducia de condutores por non respectar a distancia mínima cos ciclistas
Por Oskar Viéitez
O colectivo Masa Crítica fixo balance da súa campaña de vixilancia da obrigación de respectar o metro e medio de distancia mínima lateral nos adiantamentos de vehículos a motor a bicicletas.
Neste mes denunciáronse 12 condutores por un "incumprimento fragrante" ao non utilizar nada do carril contrario ou contiguo nos adiantamentos aos asociados a Masa Crítica e polo tanto adiantando a uns poucos centímetros aos ciclistas implicados. Os denunciados a Tráfico e a Policía Local enfróntanse a unha multa de 200 euros e a pérdida de 4 puntos no carnet de conducir.
"Non é do noso agrado ter que denunciar aos condutores imprudentes pero non temos máis remedio", din dende Masa Crítica.
"Dóenos ter que denunciar pero non estamos dispostos a perder a ningún compañeiro, amigo, familiar, parella ou fillo pola conduta egoísta e irresponsable dos que non poden agardar a ter un adiantamento legal e seguro para o máis débil da estrada", engaden os ciclistas nun comunicado.
Por outra banda, a asociación Pedaladas dispón imaxes de 103 vehículos estacionados na beiravía transitable da PO-308 con limitación a 70km/h non sendo travesía. Isto implicaría nun só mes unha contía superior aos 10.000 euros en multas que maioritariamente recaerían sobre residentes e clientes dos negocios localizados entre o Asador San Remo e Combarro.
Sen embargo os ciclistas non pensan denunciar esta circunstancia despois de que nunha reunión co alcalde de Poio, Luciano Sobral, para tratar este tema o Concello lles presentase un proxecto de mellora da seguridade viaria nese trazado e en Combarro".
Advirten dende a asociación Pedaladas, "se non se toman medidas verémonos na obriga moral de denunciar aos vehículos estacionados ilegalmente e as cifras de posibles denunciados son enormes e seguramente inxustas para os residentes pero estamos a poñer a vida das persoas en perigo tendo solucións viables e cun custo ínfimo. Non esperemos a ter outro falecido na PO-308 para tomar medidas que garantan a seguridade dos que a diario usan esa vía para desprazarse".
Relacionadas:
-
Piden a Tráfico aumentar os radares nas estradas con maior presenza de ciclistas
Por Alejandro Espiño |
-
Desprazamentos a pé, en bici e en transporte público para promover a Semana da Mobilidade
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
Propoñen vías ciclistas para enlazar Pontevedra con Marín, Combarro e con Ponte Sampaio, pola antiga vía do tren
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
Masa Crítica denunciará aos coches "estacionados irregularmente" na PO-308
Por Redacción |