O PP advirte ao goberno local que "si quieren mociones las van a tener" e presentan 28 para o próximo Pleno
Por Natalia Puga
O PP de Pontevedra considera que o grupo de goberno do BNG no Concello de Pontevedra "se ha reído de los pontevedreses" no Pleno do pasado luns, relativo ao mes de xullo, ao levar unha batería de 'instamociones' coas que "saturó" a sesión plenaria e impediu que se terminasen de abordar todos os temas presentados para o seu debate polos grupos da oposición. Ante esta situación, respóndenlle os nacionalistas que "si quieren mociones, las van a tener" e reacciona presentando un total de 28 para o seu debate no Pleno de agosto.
As 28 mocións refírense, segundo explicou o portavoz do PP en Pontevedra, Jacobo Moreira a "incumplimientos" por parte do grupo de goberno, que para os 100 primeiros días deste mandato anunciou medidas nas que "en las que a estas alturas hay un elevado grado de incumplimiento". Entre elas figuran actuacións relativas á mellora dos núcleos de centralidade parroquial de Marcón ou Ponte Sampaio e outras relativas ao transporte público, ás piscinas de Campolongo ou á execución dun parque e unha pista deportiva en Bora.
Trátase de 28 medidas que anunciaron que ían asumir antes do 21 de setembro de 2015 e que "siguen sin adoptar casi un año después", de modo que pretende que o grupo municipal do BNG achegue explicacións sobre as mesmas no próximo pleno.
Moreira contrapón estas 28 mocións coas que levou o BNG ao último Pleno e coas que o executivo de Miguel Anxo Fernández Lores demostrou que "está falto de ideas" e "aislado" das demandas dos cidadáns, pois presentou "nimiedades" e asuntos sobre os que xa adoptara decisións pola súa conta como o proxecto da compostaxe e que, unha vez ultimadas, levounas ao Pleno. Na súa opinión, non se decataron de que "los pontevedreses en encomendaron gobernar, pero sin mayoría absoluta", o que implica que debería apostar polo diálogo.
O portavoz de PP tamén deu a coñecer este mércores nunha comparecencia que a proposta do seu grupo de rebautizar o Pavillón Municipal de Deportes co nome do seu arquitecto, Alejandro da Sota, acaba de recibir o respaldo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Esta proposta foi rexeitada en pleno polo BNG e os grupos de Marea Pontevedra e o PSdeG-PSOE, pero o PP cre que, co apoio dos arquitectos, dáselle a razón e aplaudiría que o goberno local recuperase a idea.