A Xunta insiste: "Non podemos construir o novo edificio xudicial da Parda ata que teñamos os terreos"
Por Alejandro Espiño
A Xunta insiste. Ata que o Concello de Pontevedra non entregue formalmente os terreos necesarios para a construción do novo edificio xudicial da Parda, non poderá empezar a construílo. ÿ a resposta que, nunha carta dirixida ao alcalde de Pontevedra, dá o director xeral de Xustiza, Juan José Martín, ante as declaracións do concelleiro de Patrimonio, Vicente García Legísima, que aseguraba que a Xunta podía actuar xa en ditos terreos.
"Esa afirmación non é exacta", explica Juan José Martín en dita misiva, xa que recorda que, para poder cumprir co comprometido no convenio asinado entre ambas partes e poder sacar a licitación a obra "compre que a entidade cedente (o Concello) aporte o correspondente acordo de cesión e a Xunta realice a súa aceptación".
Insiste o director xeral de Xustiza que este trámite "é indispensable" para poder empezar coa construción desta infraestructura. En todo caso, recórdalle a Miguel Fernández Lores que o proxecto básico arquitectónico "xa está en curso e próximo ao seu remate".
Ante as declaracións feitas por Vicente García Legísima, Juan José Martín pídelle ao alcalde de Pontevedra "en aras á lealtade institucional", que a información que traslade aos medios de comunicación "sexa rigorosa para non confundir á cidadanía".
Relacionadas:
-
Rueda: "Non é certo que os terreos para o edificio xudicial estean a disposición da Xunta"
Por Natalia Puga |
-
O Concello agarda que o novo edificio xudicial de A Parda non siga o mesmo camiño que o Carlos Oroza
Por Alejandro Espiño |
-
"A Xunta dispón dos terreos para o novo xulgado desde outubro. O atraso non e culpa nosa"
Por Alejandro Espiño |