Minuto de silencio na Subdelegación este mediodía en repulsa polo atentado en Niza
Por Redacción
A Subdelegación do Goberno en Pontevedra convocou un minuto de silencio en repulsa polo atentado perpetrado durante as últimas horas na cidade francesa de Niza. Ese atentado provocou a morte de máis de 80 persoas, atropeladas por un camión que impactaba contra a multitude que se atopaba festexando o 14 de xullo no Paseo dos Ingleses.
A convocatoria en Pontevedra atópase aberta a toda a cidadanía a partir das 12.00 horas deste venres 15 e vai levarse a cabo na entrada da sede da Subdelegación do Goberno, na praza de España.
O ministro de Exteriores, José Manuel García-Margallo, informou de que polo momento non se ten coñecemento de que haxa cidadáns españois entre as vítimas, aínda que advertiu de que a identificación dos falecidos e feridos aínda continúa.
Tamén o Concello de Pontevedra organiza unha concentración ás 11.50 horas na rúa Michelena ante o edificio das oficinas municipais onde estarán tamén presentes representantes políticos da Deputación Provincial.