Veciños da contorna de Tafisa piden anular o proxecto dun estacionamento de autocaravanas na zona
Por Redacción
A comunidade de veciños dos edificios situados entre as rúas Camiño de Castela e A Seca, na contorna do antigo solar de Tafisa, solicitaron ao Concello de Pontevedra que "anulen ou deixen sen efecto" o seu proxecto para habilitar un estacionamento de autocaravanas nos antigos terreos da madeireira.
Os veciños entregaron por rexistro un informe dirixido á concelleira de Promoción Económica de Pontevedra, Anabel Gulías, no que tamén lle piden unha "reunión urxente" cos responsables políticos para tratar este tema.
O escrito asínao Javier Baena como presidente da comunidade de veciños dos edificios máis próximos á parcela afectada, nos que hai 54 vivendas e viven ao redor de 150 persoas, e tamén llo fixo chegar ao concelleiro César Abal, do grupo municipal do PP.
Segundo asegura, son moitos os veciños que mostran o seu malestar por este proxecto municipal, que supoñería unha modificación do uso da parcela de propiedade municipal situada no antigo solar de Tafisa, e tamén polo feito de que ningún responsable político do Concello de Pontevedra se puxo en contacto con eles, os veciños máis próximos, para abordar os seus plans.
Os veciños temen, entre outras cousas, que con este proxecto de estacionamento de autocaravanas se decarte o hotel de catro estrelas que inicialmente estaba previsto na zona e, no seu lugar "fagan un cámping, unha zona de feira ou unha zona de novo botellón".
Ante esta posibilidade, aseguran que non están dispostos a esa modificación de uso, nin sequera aínda que sexa de forma temporal e sinalan que, no caso de que o Concello insista na súa intención de seguir adiante co proxecto estudarán xudicializar o caso.
Relacionadas:
-
Pontevedra estreará en Semana Santa a "mejor" área de autocaravanas de España
Por Oskar Viéitez |
-
COVSA executará o parking para autocaravanas en Tafisa
Por Alejandro Espiño |
-
O parking para autocaravanas empezará a executarse en outubro
Por Alejandro Espiño |
-
Anabel Gulías calma o malestar dos veciños da contorna de Tafisa co proxecto dun estacionamento de autocaravanas
Por Redacción |
-
O estacionamento de autocaravanas terá cabida para 18 vehículos
Por Redacción |
-
Para as autocaravanas mellor Valdecorvos que os terreos de Tafisa, segundo o PSdeG-PSOE
Por Redacción |
-
O solar de Tafisa dispoñerá dunha parcela para autocaravanas
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada