O goberno local de Sanxenxo desestima as alegacións de Comisións Obreiras ao orzamento
Por Redacción
A Xunta de Goberno local de Sanxenxo aprobou este venres de forma definitiva o orzamento para 2016, despois de desestimar as alegacións presentadas por Comisións Obreiras en base aos informes técnicos municipais.
Un dos apartados alegados pola central sindical era o referente á consignación dun cantidade de 50.000 euros para complementos persoais transitorios. A este respecto o informe técnico matiza que se trata dunha "habilitación de crédito inicial que non implica o recoñecemento previo de ningunha obrigación, cuxo libramiento estaría suxeito á preceptiva fiscalización".
En canto á alegación relativa á insuficiencia de crédito previsto no orzamento para atender o gasto de vestiario de persoal, a partida recollida no orzamento de 2016 "é idéntica á de anualidades anteriores", polo que estiman que foi "suficiente" para cubrir as necesidades de existentes.
En canto á reclamación de Comisións Obreiras referida á inexistencia de partida para facer fronte aos gastos de formación dos empregados públicos, responde o goberno local que este apartado corresponde ás Escolas de Administracións Públicas e desenvolvemento dos plans de formación para o emprego nas comunidades e na administración local, polo que tanto o Concello como Terra de Sanxenxo ten asinada a adhesión ao plan de formación da Deputación de Pontevedra para o ano 2016.
Relacionadas:
-
Vanessa Rodríguez acusa a Telmo Martín de "beneficiar a Comisións Obreiras" polo seu labor de "desgaste e oposición" ao tripartito
Por Redacción |
-
Comisións Obreiras impugnou os orzamentos do concello de Sanxenxo por "palmaria ilegalidade"
Por Redacción |
-
Ven indicios de "prevaricación" no acordo laboral do Concello de Sanxenxo
Por Redacción |
-
A xunta de goberno local de Sanxenxo aproba o orzamento municipal
Por Oskar Viéitez |