A Unión de Consumidores considera "neglixente en extremo" que os cinemas neguen o acceso a nenos con diabete con mochilas
Por Redacción
A Unión de Consumidores de Galicia manifestou este venres a súa repulsa ante a actitude de varias salas de cine galegas, entre elas Cinexpo, en Pontevedra, que impiden aos nenos con diabete e outras enfermidades intestinais acceder ás súas instalacións coas mochilas onde levan, entre outras cousas, alimentos aptos para persoas diabéticas e necesarios para facer fronte a situacións de hipoglicemina e outros materiais hixiénicos e sanitarios.
En opinión desta asociación, poñer trabas para acceder ós cines ás persoas con diabete, obrigándoos a dar explicacións e negándolles o acceso cos alimentos que necesitan é unha práctica "discriminatoria" e, cinguíndose ao estritamente sanitario, "neglixente en extremo", pois "o interese económico das salas de cine nunca pode estar por riba dos dereitos sanitarios dos consumidores".
Ao respecto, lembran que o artigo 14 da Constitución establece que non pode "prevalecer discriminación algunha por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, opinión o calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social", pero o sucedido nas salas de cinema "é, a todas luces, un acto discriminatorio que xoga en contra dos dereitos e intereses dos menores".
A Unión de Consumidores de Galicia xa contactou coa Asociación de Nenos con Diabete de Galicia (Anedia), que esta semana denunciaron que hai tempo que lles pasa isto e que esta semana volveou pasar en Pontevedra, VIgo e Ourense para trasladarlles o seu apoio e o seu compromiso coa defensa dos dereitos dos nenos con diabete. Esta asociación ten tamén o apoio da Valedora do Pobo, que hai un mes mantivo un contacto informal co xerente dos cines de Vialia en Pontevedra para mediar e pedirlles que puxeran fin a esta situación.
Ademais, sinalan que, ao seu enteder, vetar o acceso ao cine con comida e/ou bebida adquirida fóra do establecemento é unha cláusula abusiva atendendo ao artigo 82.1 do Real Decreto Lexislativo 1/2007, do 16 de novembro, onde se recollen como abusivas "todas aquelas estipulacións non negociadas individualmente e todas aquelas prácticas non consentidas expresamente que, en contra das esixencias da boa fe causen, en prexuízo do consumidor e usuario, un desequilibrio importante dos dereitos e obrigacións das partes que se deriven do contrato".
Ao respecto, aseguran que mesmo aqueles establecementos que se queiran escudar no dereito de admisión para negar a entrada teñen que ter presente que non poden exercer este dereito para restrinxir o acceso arbitraria ou discriminatoriamente, nin de forma que sitúen ó usuario en condicións de inferioridade, indefensión ou agravio comparativo.
Relacionadas:
-
Volven impedir a un neno con diabete entrar ao cinema con mochila, a pesar de levar xustificante médico
Por Redacción |
-
O PSOE insta a Lores a mediar para que os escolares con diabete poidan entrar nos cines con mochila
Por Redacción |
-
A Valedora do Pobo reúnese cos responsables dos cines de Vialia para regular o acceso dos nenos con diabete con mochilas
Por Redacción |
-
A xerencia dos cinemas de Vialia prometeu, pero non cumpre coa Valedora do Pobo
Por Redacción |
-
Os cinemas de Vialia impiden que nenos con diabete accedan con mochilas desatendendo á Valedora do Pobo
Por Redacción |
-
Os cines de Pontevedra permitirán ás persoas con diabete acceder con mochilas grazas á mediación da Valedora do Pobo
Por Redacción |
-
Facua denuncia os cines de Pontevedra por prohibir a entrada de comida e bebida do exterior
Por Alejandro Espiño |
-
Os enfermos intestinais e os diabéticos reclaman poder entrar coa súa mochila nos museos e cines
Por Redacción |