Incorpóranse 20 perceptores de Risga ás brigadas municipais durante sete meses
Por Redacción
A Concellaría de Benestar Social Municipal xa incorporou aos 20 perceptores de Risga ás brigadas de obras, cemiterios e xardíns do Concello, logo de realizar o pertinente proceso de selección. Os novos traballadores municipais comezaron a traballar o pasado 24 de xuño.
Estes perceptores de Risga, agora contratados polo Concello, terán un contrato por sete meses cunha xornada laboral do 75%, e percibirán o mesmo soldo que os traballadores do Concello en igual responsabilidade. Doce reforzarán a brigada de obras, dous a de cemiterios e seis a de xardíns.
Durante as semanas previas á incorporación, fíxose un proceso de selección a través do Inem e dos servizos técnicos dos servizos sociais municipais.
Con esta contratación o goberno local e a Concellaría de Benestar Social evita que este tipo de persoas caian no risco de exclusión social e darlles entradas ao mundo laboral.
Para pór en marcha estas contratacións, o Concello acolleuse a unha subvención da Consellería de Benestar Social de 235.000 euros.