A encargada dunha tenda de roupa sorprende a unha clienta roubando cun bolso forrado de papel aluminio
Por Redacción
Axentes da Policía Local de Pontevedra detiveron unha muller, de 39 anos de idade, como presunta autora dun roubo nun establecemento público. Trátase dunha intervención enmarcada nos operativos especiais de prevención e vixianza de espazos públicos e zonas comerciais,
Segundo informaron fontes oficiais da xefatura da Policía Local, sobre as 12:30 horas do pasado 15 de xuño, axentes de servizo na rúa Benito Corbal observaron que fronte ao interior dun local comercial de roupa había concentradas varias persoas.
Os axentes achégaronse e comprobaron que no interior do citado local había dúas mulleres discutindo, polo que unha vez identificados como axentes da Policía Local unha delas, a encargada do local, sinalou que a outra muller acababa de subtraer diversas prendas de roupa.
A encargada do local explicoulles que momentos antes, dúas mulleres colleran diversa mercancía e que unha delas lograra escapar e que a outra era a que estaba alí e que cando lle requirira que mostrase o seu bolso, esta reacionou violentamente golpeándolle co pé.
Ante estes feitos os axentes municipais procederon a identificación da muller e a súa detención, unha vez lidos os seus dereitos.
No interior do bolso que portaba a detida atopáronse varios obxectos propiedade do establecemento, por un valor de 561 euros. O bolso, co fin de eludir as medidas de seguridade estaba forrado de papel aluminio.