Comeza no Vao as obras de reparación do firme na estrada entre Pontevedra e Vilagarcía
Por Redacción
Este mércores comezaron as obras de reparación do firme da PO-531, estrada que une Pontevedra con Vilagarcía.
Os traballos levaranse a cabo ao longo de 3,3 quilómetros. Entre a rotonda de O Vao e o nó de bombeiros executarase o fresado e a reposición daquelas zonas con maior nivel de fisuración.
No concello de Barro melloraranse 1,32 quilómetros desta mesma estrada, extendéndose un microaglomerado para mellorar as características superficiais do firme, e no concello de Meis, actuarase ao longo de 5,51 quilómetros. Veranse así beneficiadas as parroquias de Campañó, Alba, Cevesa, Curro, San Lorenzo e Paradela.
Os traballos poderán estar listos nun prazo de 15 días
En concreto, os traballos centraranse no fresado e reposición da capa de rodadura, a reposición da capa intermedia e o selado de gretas. Tamén se repoñerán marcas viarias e balizamentos. A previsión dos técnicos, dependendo sempre da meteoroloxía, é que os traballos poidan estar listos nun prazo de 15 días.
O investimento global que se está a destinar a esta actuación suporá 280.000 euros.