O buque-escola 'Juan Sebastián de Elcano' regresa a Marín
Por Redacción
O buque-escola 'Juan Sebastián de Elcano' atracará o vindeiro xoves 30 de xuño ás 13:00 horas no 'Peirao de Torpedos' da Escola Naval Militar de Marín.
O bergantín goleta da Armada Española será recibido polo comandante director da Escola Naval Militar, o capitán de navío José María Núñez Torrente, a banda de música da escola, familiares e amigos da dotación e cabaleiros guardiamarinas.
O barco poderá ser visitado polo público o día 1 de xullo en horario de tarde de catro a sete.
Debido á limitación de tempo e á afluencia de visitantes prevista, os interesados en realizar a visita deberán dirixirse á oficina de turismo do Concello de Marín para poder subir a bordo.