Cayetano Rivera, El Fandi e José María Manzanares tourearán o 14 de agosto en Pontevedra
Por Alejandro Espiño
Apenas faltan uns días para que os organizadores da Feira Taurina da Peregrina desvelen o cartel deste ano, pero aos poucos vanse coñecendo xa algún dos nomes que estarán na praza de Pontevedra o próximo mes de agosto.
Aínda que as negociacións leváronse con bastante segredo, PontevedraViva puido saber que o domingo 14 de agosto o coso de San Roque reunirá a tres dos destros con maior proxección mediática.
Un deles é Cayetano Rivera Ordoñez, cuxa web oficial confirma a súa presenza en Pontevedra. Será o seu regreso a San Roque, dez anos despois da súa primeira faena na cidade.
Xunto a el estará outro dos destros que proceden dunha das sagas máis destacadas do mundo taurino, José María Manzanares. No seu caso, o alacantino volve tourear en Pontevedra despois de saír pola porta grande en 2011.
Completa o cartel para esta xornada, un dos habituais da praza pontevedresa: David Fandila "El Fandi". Desde 2007, o toureiro granadino non falla no cartel da feira.
Nos próximos días coñecerase o cartel completo da Feira da Peregrina.