Atrápalle a man unha máquina cando traballaba
Por Redacción
Un home duns 47 anos de idade resultou ferido nun accidente laboral rexistrado ao quedarlle atrapada unha man nunha cinta transportadora de conservas nunha empresa no municipio de Cambados.
O accidente tivo lugar sobre as 7.00 horas nunha empresa situada no polígono de Sete Pías en Cambados, segundo os datos facilitados polo 112.
Os bombeiros tiveron que cortar a cinta transportadora para liberarale a man.
Ata a conservera tamén se trasladaron efectivos de Protección Civil e a Policía Local.
Unha ambulancia medicalizada do 061 asistiu ao ferido, C.O.R., duns 47 anos, que foi levado ao centro de Atención Primaria da zona, segundo sinalaron fontes sanitarias.