A ponte da Calzada estrea iluminación
Por Redacción
Un dos elementos máis significativos de Ponte Caldelas, a ponte da Calzada, estrea ilumación de alta eficiencia enerxética.
As 18 lámpadas de vapor de sodio e 250 watios de potencia cada unha foron substituídas por outras de tecnoloxía LED con 30 watios de potencia, ocasionando unha mellora considerable na iluminación ornamental da ponte.
Os traballos levaronse a cabo aproveitando os labores de limpeza no lateral da infraestrutura.
Segundo explicou o goberno local, trátase da primeira actuación enmarcada dentro do plan de modernización da iluminación municipal, que pretende chegar á totalidade das rúas da vila e progresivamente ir ampliándose cara ás parroquias.
Unha recente auditoría enerxética encargada polo Concello revela que Ponte Caldelas dispón dun total de 3.660 puntos de luz para dar servizo a preto de 5.600 habitantes, unha rede de luminarias composta na súa práctica totalidade de tecnoloxía antiga, a excepción do colocado recentemente no polígono da Reigosa.
Relacionadas:
-
Ponte Caldelas completa a renovación tecnolóxica da súa rede de iluminación pública
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas reformará o paseo da Calzada de forma integral e incorporará carril-bici
Por Redacción |
-
O sendeiro azul do río Verdugo estará operativo a finais de xullo
Por Redacción |
-
Instalan candados contra o gamberro que deixa a Ponte Caldelas ás escuras
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas debe investir case medio millón de euros para modernizar a súa obsoleta rede de alumeado público
Por Redacción |