Bará fixa como eixo da súa campaña a batalla contra ENCE, "a peste do século XXI"
Por Diego Espiño
"Ence pode ser visto como a peste do século XXI". Con estas contundentes palabras o candidato do BNG ao Congreso por Pontevedra, Luís Bará, explicou que a loita contra a prórroga concedida á pasteira "vai ser unha parte fundamental nesta campaña electoral e tamén do noso traballo político e institucional en Madrid".
Bará realizou estas declaracións coincidindo coa celebración este sábado da marcha de protesta contra Ence e co Día Mundial do Medio Ambiente de fondo, que se conmemora este domingo.
Para o candidato nacionalista Ence pode ser visto como unha "peste" polo "impacto que ten na contorna de Pontevedra, tamén porque é unha lousa para a plena recuperación e desenvolmento do potencial enorme que ten a ría", sinalou.
Ademais, argumentou, "tamén impide un desenvolvemento autónomo do noso monte e do sector forestal".
"Estámonos xogando o futuro de Pontevedra, a súa ría e do País", concluíu Bará lembrando que "imos utilizar todos os medios ao noso alcance para impedir esta desfeita", a continuidade por 60 anos da fábrica pasteira na súa actual localización de Lourizán.
Relacionadas:
-
Ence Fóra volve clamar na rúa contra a prórroga á pasteira
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
ENCE propón a 16 asociacións formar un grupo de traballo pola recuperación da ría
Por Redacción |
-
A conselleira de Medio Ambiente esixe a Ence que invista xa na ría de Pontevedra
Por Redacción |
-
Para En Marea, Rajoy é unha "especie de raíña de corazóns" que busca "cortar a cabeza" á ría
Por Redacción |
-
ENCE apoiará a compra dun barco para as confrarías da ría
Por Redacción |
-
O Concello esixe cambiar a lei para que non haxa "ningunha dúbida" de que se anulará a prórroga a Ence
Por Alejandro Espiño |