Queres ser quiosquero?
Por Oskar Viéitez
Está aberto o prazo de licitación para presentar ofertas para explotar o quiosco da finca de Briz. O Concello de Marín realizou un investimento na compra do quiosco e o mobiliario exterior necesario e agora pretende que se explote este espazo.
O pasado día 12 de maio saíu publicado no Boletín Oficial da Provincia o anuncio da súa licitación, estando o prazo aberto ata o día 17 de xuño para a presentación de ofertas.
A finca de Briz é un espazo de 20.000 metros cadrados, moi concorrido que acolle as escolas taller, e dispón dun auditorio ao aire libre, parque, xogos infantís e é un dos lugares preferidos polos marinenses para o paseo, o descanso.
Recentemente o goberno local acondicionou uns baños e reparouse a entrada que sumada á urbanización da rúa da Costa, supón unha mellora importante desta contorna.
Ademais, co aluguer da parcela na rúa José do Río mellora as posibilidades de achegarse en coche e de aparcadoiro nesta contorna, mellorando por tanto a comodidade e proximidade.