Pleno axitado en Sanxenxo onde Roberto Agís apoia o PP e bota abaixo o orzamento
Por Redacción
Roberto Agís, o concelleiro non adscrito na corporación municipal de Sanxenxo, apoiou ao Partido Popular de Telmo Martín no pleno deste luns 30 e logrou botar abaixo o orzamento de 22 millóns de euros que o equipo de goberno, liderado por Gonzalo Pita, pretendía aprobar para este ano.
Tanto o portavoz do Partido Popular como Roberto Agís mostraron o seu malestar polas formas coas que actuara o grupo de goberno ao acelerar os trámites para que se aprobase nesta sesión sen que a oposición contase con tempo para estudar o documento do orzamento.
A pinza non rematou aí. O concelleiro Roberto Agís tamén apoiou outras dúas mocións do PP. Unha delas relacionada coa baixada do Imposto de bens inmobles e a outra sobre a integración de todos os partidos con representación no Concello nos consellos de administración das empresas municipais.
Por outra banda, traballadores do Concello de Sanxenxo, tanto do servizo de Emerxencias, funcionarios da Policía Local, oficinas, servizos especiais ou axuda a domicilio manifestáronse durante o pleno reclamando a negociación do convenio colectivo. A través de pancartas protestaron contra a actitude do actual grupo de goberno. Piden máis persoal e mellores condicións laborais.
Relacionadas:
-
Comisiones Obreras demandará o Concello de Sanxenxo por negociación ilegal
Por Anxo Lourido |
-
Telmo Martín ofrece unicamente a SAL un pacto de goberno en Sanxenxo
Por Oskar Viéitez |
-
Sanxenxo equipara o persoal laboral cos funcionarios, sen o apoio de CC.OO.
Por Redacción |
-
A xunta de goberno local de Sanxenxo aproba o orzamento municipal
Por Oskar Viéitez |
-
O tripartito asegura que o rexeitamento ao orzamento municipal non afectará os veciños
Por Redacción |
-
Sanxenxo realizará unha auditoría do persoal municipal para corrixir carencias nos servizos
Por Redacción |
-
Tranquilidade no goberno municipal de Sanxenxo, convertido agora en tripartito tras a dimisión de Agís
Por Alejandro Espiño |