O goberno da Deputación aproba achegas para A Illa de Arousa, Sanxenxo e Moraña
Por Redacción
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar novas axudas a concellos da provincia ao abeiro do Plan Concellos 2016.
Así, A Illa de Arousa recibirá 162.803,99 euros para o financiamento de obras de pavimentación e recuperación; con esta última achega a Deputación entrega o 65,91% do total destinado a vila no marco do plan.
Pola súa banda, entregaranse 60.464,53 euros a Sanxenxo para obras de acondicionamento, o que supón unha achega do 46,29%.
Nos primeiros meses do ano a Deputación leva investidos máis de oito millóns de euros nos concellos da provincial ao abeiro da liña 1 do Plan Concellos 2016, o que supón un grado de execución da mesma dun 36,53%. Amais, os 47 millóns de euros dos que dispón o plan serán transferidos na súa totalidade antes do verán.
Mediante resolución presidencial, tamén se aprobou unha nova axuda ao concello de Moraña, por un importe de 22.149,75 euros, con destino a reposición do firme no vial principal de Saiáns. Esta achega súmase ós 189.868,42 euros entregados para a pavimentación de viais e acometidas de saneamento no núcleo rural de Castro e para a substitución dunha beirarrúa e unha tubaxe de auga; 16.785.64 euros, para o Mes dos Libros, un obradoiro de prevención sobre fisioterapia e rehabilitación e outro sobre acoso e para o financiamento das festas e da IV carreira do Carneiro o Espeto; e 94.415 euros, para a contratación de 10 traballadores que están a desempeñar as súas labores para o concello.
No que vai de ano, o goberno provincial leva investidos 323.218,81 euros en Moraña con cargo ao Plan Concellos 2016, o 72,20% do total destinado a Moraña ao abeiro do plan.