13.000 euros para o saneamento dos lugares de Dorna, Vila de Abaixo e A Longa en Cotobade
Por Redacción
O Concello de Cotobade saca a licitación a redacción dos proxectos de saneamento nos lugares de Dorna e Vila de Abaixo, ambos os situados na parroquia de Santa María de Sacos, e na Longa, en San Xurxo de Sacos, por un orzamento global de 13.000 euros.
O concurso divídese en tres lotes, un para cada lugar. A redacción do proxecto de Dorna dispón dunha contía de 4.000 euros, a de Vila de Abaixo será de 6.500 euros e a da Longa, de 2.500 euros.
As empresas interesadas poderán presentar a súa oferta no prazo de 20 días naturais desde a publicación no boletín provincial. A empresa que resulte adxudicataria contará cun prazo de execución dos tres proxectos de saneamento de dous meses, aínda que coa posibilidade de prorrogalo por 30 días máis.
Segundo o alcalde de Cotobade, Jorge Cubela, a gran actuación en materia de rede de saneamento chegará leste mesmo ano coa obra da parroquia de Tenorio, que contará cun orzamento dun millón e medio de euros.