Detida por furto nunha tenda da zona comercial
Por Redacción
Axentes da Policía Nacional procederon á identificación e detención dunha muller de 24 anos de idade, natural de Rumania, como presunta autora da subtracción de varias pezas nun establecemento da zona comercial de Pontevedra.
Segundo informaron fontes oficiais da Comisaría Provincial, os feitos sucederon sobre as 13.45 horas da tarde deste martes 24 de maio.
A encargada dunha tenda de roupa presentou denuncia pola subtracción de pezas valoradas en 629 euros.
Os axentes procederon á incautación das pezas e trasladaron á detida a dependencias policiais onde prestou declaración.
Fíxoselle entrega da correspondente citación para a celebración de xuízo rápido.