Moreira ve "cada vez peor" a Pontevedra: "A Lores se le está cayendo el castillo de naipes"
Por Alejandro Espiño
Xusto un ano despois das últimas eleccións municipais, o portavoz do PP, Jacobo Moreira, fixo balance da xestión levada a cabo polo goberno de Miguel Anxo Fernández Lores nestes últimos doce meses e que, por suposto, dista moito do ofrecido polo propio rexedor o pasado sábado.
Para os populares, en todo este tempo o goberno municipal non só non resolveu os problemas que teñen os pontevedreses senón que estes "se han agudizado", polo que ven que a cidade está "cada vez peor", segundo sinalaron nun almorzo informativo.
"A Lores todo el castillo de naipes que había construido se le está cayendo", destacou Jacobo Moreira, que advertiu que o "producto estrella" do BNG, o modelo de cidade que implantaron en Pontevedra, "está agotado" e por iso optaron por centrarse agora pola compostaxe, a pesar de que "no hay proyecto, ni planta, ni financiación ni nada de nada".
Pero para Moreira, o principal problema de Pontevedra continúa sendo a falta de emprego. Neste sentido, o portavoz popular ha sinalado que o goberno municipal non puxo marcha "ni una sola iniciativa clave" para combater estes datos, mentres que para "cerrar empresas" dedicou, segundo o PP, ata oito reunións da Xunta de Goberno, as mesmas nas que se tratou a continuidade na ría de ENCE-Elnosa.
Ademais, o líder da oposición lamentou que o PXOM "siga sin avances", que a cidade careza aínda de transporte público urbano, que non se reduciran as taxas e impostos que se cobran aos cidadáns ou que non se impulsaran novas infraestruturas.
"Pontevedra languidece mientras Lores ya solo piensa en su jubilación", lamentou o edil do PP, para o que a xestión do goberno municipal neste último ano resúmese en declarar ao presidente do Goberno, Mariano Rajoy, como persoa non grata na cidade, a aprobar os orzamentos grazas a unha baixa hospitalaria dun concelleiro da oposición e a "estafar" aos veciños do rural coa taxa de saneamento.
Con respecto ao pacto co PSOE na deputación provincial, Jacobo Moreira reiterou que Pontevedra "no ha ganado nada" e denunciou que proxectos que deixou asinados o anterior presidente, Rafael Louzán, atópanse parados.
Lores, dixo, tan só recibe "agravios y humillaciones" por parte do alcalde de Vigo, Abel Caballero, que soporta "para mantener a Mosquera en la Deputación", segundo Moreira.
Por último, o portavoz do PP sinalou que o actual goberno municipal "no dialoga ni escucha", nel falta transparencia e non cumpren os acordos plenarios, algo que indica que é un executivo "inestable" que non conta co apoio de ningún outro grupo.