Localizan en Vigo o home de Vilaboa desaparecido desde o venres
Por Redacción
Emilio, o veciño de Vilaboa de 35 anos desaparecido dende o pasado venres, foi localizado ben de saúde na mañá deste martes, segundo informaron fontes do operativo de búsqueda.
O Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112 comunicou aos servizos de emerxencia e as Forzas de Seguridade que o home se atopaba xa ingresado no centro Reto de Vigo.
O home, que ten unha discapacidade psíquica, fora visto por última vez preto dunha parada de autobus na parroquia de San Adrián de Cobres en Vilaboa durante a tarde do venres e estivo tres días e medio en paradoiro descoñecido.
A súa familia denunciou a súa desaparición ante a Garda Civil de Moaña na mañá deste luns e efectivos de Protección Civil de Vilaboa e de Moaña e da Garda Civil tentaron localizalo ata que sobre as nove da mañá deste martes lle comunicaron que xa aparecera.
Non é a primeira vez que este veciño de Santradán, en San Adrián de Cobres, desaparece, pero noutras ocasións regresaba a casa con relativa inmediatez. Nesta ocasión a familia preocupouse despois de tres días sen ter noticias sobre el.