AnovaTerra pide a intervención do Estado ante o "abandono" do Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro
Por Redacción
AnovaTerra denuncia a falta dunha política de xestión por parte da Xunta de Galicia en relación co patrimonio arqueolóxico. Este colectivo sinala que a agresión sufrida polo petróglifo de Chan do Carbón en Campo Lameiro débese ao escaso interese por parte da administración autonómica polos xacementos arqueolóxicos.
Agora AnovaTerra tamén mostra a súa indignación polo estado no que se atopa a rede de carreiros do recinto do Parque de Campo Lameiro. A organización culpa desta situación ás empresas adxudicatarias, á Consellería de Cultura e ao director do recinto arqueolóxico.
Por este motivo, demandan a intervención da Administración do Estado alegando que a Xunta de Galicia incumpriu as competencias transferidas polo Estado en materia de protección do patrimonio. Ao mesmo tempo denunciarán ante organismos internacionais o incumprimento dos convenios en materia de protección do patrimonio, a indefensión, as ameazas para a supervivencia do patrimonio arqueolóxico galego.
Ademais, reclamarán a intervención do Consello de Europa pola inclusión do parque nas rutas culturais europeas e o emprego de fondos europeos que en nada contribuíron na preservación do patrimonio.
Relacionadas:
-
Denuncian outra limpeza agresiva de estacións rupestres do Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro
Por Redacción |
-
Descobren novos petróglifos no parque arqueolóxico de Campo Lameiro, un "inusual na arte rupestre"
Por Redacción |
-
Piden a dimisión do director do Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro polos últimos danos a petróglifos
Por Redacción |
-
Denuncian que un tractor volve causar danos nun petróglifo en Campo Lameiro
Por Redacción |