Buscan un home desaparecido o venres en Vilaboa
Por Redacción
Emilio, un home de 35 anos con discapacidade psíquica, foi visto por última vez preto dunha parada de autobus na parroquia de San Adrián de Cobres en Vilaboa durante a tarde do venres. Desde entón non se volveu a saber nada sobre el.
A súa familia denunciou a súa desaparición ante a Garda Civil de Moaña na mañá deste luns. E efectivos de Protección Civil de Vilaboa e de Moaña están a tentar saber se o home chegou a subir a un autobus ou se aínda se atopa na contorna de Santradan, o lugar de Vilaboa no que reside.
Segundo os datos achegados polos efectivos de Protección Civil mide 1,75 metros, é moreno, canoso e loce unha barba dunha semana aproximadamente. Viste pantalón vaqueiro e unha chaqueta de chándal.
Non é a primeira vez que este home desaparece pero se noutras ocasións regresaba a casa con relativa inmediatez, desta vez a familia móstrase preocupada despois de tres días sen ter noticias sobre el.
As persoas que poidan achegar algún dato poden poñerse en contacto coa Policía Local de Vilaboa ou coa Garda Civil.