O alumnado de pastelaría do plan laboral Empregamarín afronta as prácticas coas mans na masa
Por Redacción
Nestes días deron comezo ás prácticas correspondentes á última das accións formativas encadradas no marco do programa integrado de emprego Empregamarín II, o curso de operacións básicas de pastelaría, que desenvolveuse desde o mes de febreiro nas instalacións do CIFP Carlos Oroza de Pontevedra.
Durante o curso o alumnado foi preparado para preelaborar, elaborar e presentar productos sinxelos de pastelaría e asistir, seguindo instruccións, na preparación doutras máis complexas, realizando operacións básicas de aprovisionamiento e aplicando técnicas e normativa básica de manipulación, preparación e conservación de alimentos.
Acadando estes obxectivos poderán atopar acomodo na actividade profesional como axudantes, tanto en grandes como en medianas e pequenas empresas do sector, adicadas á producción e servizo de produtos de pastelaría.
Desde o Concello de Marín agradeceron a todas as empresas que, de xeito desinteresado, brindáronse a colaborar acollendo nos seus centros de traballo ao alumnado que foron: Restaurante Casa Román, Restaurante Il Piccolo e Confitería Capri, de Pontevedra e o Hotel restaurante Baixamar, en Sanxenxo.
Cómpre lembrar que a finalidade última do programa é a de posibilitar a integración laboral de persoas demandantes de emprego con dificultades para acceder a unha ocupación no mercado laboral, e coa obtención da titulación da ESO mellorarán ostensiblemente a súa empregabilidade.