Crean en Cuntis o premio de investigación cultural Olimpio Arca
Por Redacción
O Concello de Cuntis anunciou a creación dun premio de investigación que levará o nome do mestre, historiador e escritor Olimpio Arca, falecido hai ano e medio.
O contido deste premio, segundo destacou o alcalde de Cuntis, Manuel Campos, nace da gran vocación que tivo Olimpio Arca durante toda a súa traxectoria vital e profesional, a investigación arqueolóxica, etnográfica e cultural.
A súa creación é "facer xustiza" a un dos grandes autores e pensadores "que deu o pobo de Cuntis", localidade onde naceu no ano 1928, "recoñecendo ao mestre e tamén á persoa", sinala Manuel Campos.
Ademais, o alcalde lembrou que Cuntis é un municipio cunha longa tradición arqueolóxica e etnográfica, polo que este galardón tamén recoñecerá ese traballo.
Este premio é unha iniciativa da Concellería de Cultura e terá dotación económica con cargo ao orzamento municipal de 2017.
O goberno municipal espera contar coa colaboración da Fundación Terra Termarum, da Deputación de Pontevedra e da Universidade de Santiago de Compostela (USC), co obxectivo de que este premio sexa de ámbito autonómico.
Ao mesmo tempo, Cuntis decidiu impulsar a gravación dun documental sobre os canteiros do municipio, así como da figura de Olimpio Arca e a súa relación con este gremio. Para iso, o Concello terá a colaboración do cantautor Manoele de Felisa.
Relacionadas:
-
Todo preparado en Cuntis para a terceira edición do premio de investigación Olimpio Arca
Por Redacción |
-
Cuntis volve render homenaxe a Olimpio Arca coa segunda edición do seu premio de investigación
Por Redacción |
-
Xosé Fuentes Alende gaña o premio de investigación Olimpio Arca
Por Redacción |
-
Oito traballos optan ao primeiro premio de investigación Olimpio Arca
Por Redacción |
-
Abren o prazo para presentar traballos ao premio de investigación Olimpio Arca
Por Redacción |