Bueu, Moraña, Portas, Ribadumia e Campo Lameiro reciben novas axudas da Deputación
Por Alejandro Espiño
A Xunta de Goberno da Deputación aprobou este venres a transferencia de preto de tres millóns de euros a once concellos da provincia, no marco da liña 1 -a destinada a investimentos- do denominado Plan Concellos.
Para Bueu destinaranse 315.000 euros para financiar a primeira fase da restauración do estaleiro de Banda do Río, diñeiro co que xa se cubriu un 94,3% do total que se reservou para este municipio.
Outros 126.000 euros destinaranse a obras de pavimentación e saneamento en Moraña, concello que xa completou o 53% desta liña de axudas, unha porcentaxe similar o de Campo Lameiro, onde se investirán 110.000 na creación dun humidal artificial que terá como finalidade mellorar o saneamento.
Ademais, Portas recibirá 63.000 euros para a adquisición dunha depuradora, polo que completa un 70% do diñeiro que ten adxudicado; e Ribadumia alcanza o 40,5% do seu orzamento cos case 62.000 euros que investirá en obras na rede de saneamento.
Así, Carmela Silva destacou que en apenas catro meses adxudicáronse 7 millóns de euros nesta liña do Plan Concellos.
Relacionadas:
-
Campo Lameiro recibirá case 400.000 euros do Plan Concellos
Por Redacción |
-
Barro, Marín, Moraña, O Grove e Vilaboa avanzan na execución do Plan Concellos
Por Redacción |
-
O goberno provincial aproba máis de dous millóns de euros en axudas para investir en dez concellos da provincia
Por Redacción |
-
Poio pide un anticipo á Deputación para financiar diversos investimentos
Por Oskar Viéitez |
-
Bueu aproba os seus orzamentos 2016, que inclúen 315.000 euros para rehabilitar o estaleiro de Banda do Río
Por Redacción |