Requiren ao Concello de Caldas de Reis que entregue a documentación que falta no PXOM
Por Redacción
A Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo notificou este xoves ao concello de Caldas de Reis un requerimento para que cumplimente a integridade documental do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), no que se indican de xeito concreto as eivas detectadas.
A secretaria xeral, Encarnación Rivas Díaz, mantivo recentemente unha reunión co alcalde de Caldas de Reis, Juan Manuel Rey, na que abordaron o estado de tramitación do PXOM, que entrou para aprobación definitiva o pasado 12 de abril. Durante o encontro, xa se lle adiantou que esta semana recibiría esta notificación para continuar avanzando na tramitación do planeamento.
Unha vez cumprimentado polo concello, a administración galega dispón dun prazo de tres meses para estudar o PXOM, período que empeza a contar unha vez que estea completo.
Cómpre destacar que o plan xeral foi aprobado provisionalmente o pasado 16 de marzo de 2016 e porá fin ás Normas Subsidiarias de Planeamento vixentes dende xullo de 1994, hai 21 anos.