Carmela Silva, disposta a dialogar cos traballadores do parque de maquinaria
Por Oskar Viéitez
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, mostrouse disposta a recibir aos traballadores do Parque de Maquinaria, despois de que estes adiantasen a súa intención de solicitar unha entrevista co goberno provincial.
"Estamos abertos ao diálogo sempre, porque iso é o que fan os bos políticos: dialogar", declarou a presidenta.
"Nós sempre dialogamos cos traballadores do Parque de Maquinaria", subliñou Carmela Silva insistindo en que ata agora xa se estaban reunindo todas as semanas. De feito, destacou, que no marco destas negociacións foron capaces de asinar un convenio colectivo "que mellorou moitísimo a vida de todos os funcionarios da Deputación".
E Carmela Silva puxo especial énfase na palabra "todos".
"Desde a Deputación atenderémoslles, porque nós sempre atendemos aos traballadores" insistiu Carmela Silva. "O que ocorre é que nós defendemos a todos os traballadores, non a unha parte".
Neste sentido, a presidenta provincial ha engadido que non lle pareceu "moi adecuado, chegar ata aquí con todo o que ocorreu", que valorou como "pouco edificante", lamentando que fose mellor "que o diálogo se solicitase ao comezo dun conflito que non ten ningún sentido nin ningunha base real".
Finalmente, quixo lanza unha mensaxe "moi clara" e é que "a Deputación de Pontevedra, sendo presidenta Carmela Silva nunca vai privatizarse ningún servizo, e sábeo todo o mundo. Iso si que quero que quede claro", concluíu.
Relacionadas:
-
Os funcionarios do Parque de Maquinaria boicotean o Pleno da Deputación
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez |
-
Mosquera insta o PP a "parar esta tolería", coroa mortuoria incluída, do Parque de Maquinaria
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
A Deputación avaliará a eficacia do novo modelo de organización do Parque de Maquinaria
Por Redacción |
-
Cambian as pitadas por unha repartición de panfletos como xesto de "boa vontade"
Por Oskar Viéitez |
-
Comisións Obreiras critica a pintada insultante ao xefe das brigadas e xustifica chamar "mentiroso" a Mosquera
Por Oskar Viéitez |
-
Recollen sinaturas de apoio ao traballador da Deputación ameazado nunhas pintadas
Por Oskar Viéitez |
-
Aparecen pintadas ameazantes no domicilio familiar do coordinador das brigadas provinciais
Por Redacción |
-
A Deputación estuda accións legais contra Comisións Obreiras polos ataques "fascistas" a Mosquera
Por Oskar Viéitez |