Os socialistas da provincia apostan por regular o aluguer vacacional
Por Redacción
Unha regulación ordenada do aluguer vacacional cun decreto "claro, transparente, con esixencias mínimas e sobre todo, que na súa elaboración conte cunha representación dos propietarios".
Esa é a aposta do PSdeG-PSOE na provincia de Pontevedra, feita pública tras a reunión de cargos orgánicos e representantes municipais celebrada este sábado en Pontevedra.
Na reunión estaban representadas localidades turísticas como Sanxenxo, A Illa, O Grove, Cambados ou Poio, entre outros, afectadas polo decreto que está a elaborar a Xunta de Galicia.
En concreto os socialistas defenden que o decreto autonómico debería potenciar as vivendas turísticas e non eliminalas "como se pretende", xa que entenden que con esixencias "abusivas" moitas vivendas quedarán fóra do aluguer vacacional. Ademais denuncias que a nova lexislación foi elaborada unicamente polo sector hostaleiro.
MESMAS LISTAS PARA AS ELECCIÓNS XERAIS
Antes do encontro, o alcalde Vigo, Abel Caballero, acompañado da presidenta da Deputación, Carmela Silva, e o portavoz socialista en Pontevedra, Agustín Fernández, explicou aos medios de comunicación que aposta por manter as mesmas listas nas próximas eleccións xerais. "Creo que el mantenimiento es un buen principio salvo que algunos de los integrantes muestren que quieren cambiar su estatus", sinalou.
Caballero defendeu que a reunión demostra a "unión y fortaleza del proyecto socialista" en Pontevedra, que, defendeu é capaz de "gobernar a 600.000 personas" en diferentes municipios da provincia.
Relacionadas:
-
A partir de maio, haberá multas para as vivendas turísticas sen licenza en Galicia
Por Redacción |
-
As vivendas turísticas buscan o apoio do Concello ante a presión do "lobby" hoteleiro
Por Alejandro Espiño |
-
A asociación de propietarios da vivendas turísticas critica a Feijóo por non recibilos
Por Oskar Viéitez |
-
Sanxenxo acolle o acto de entrega dos recoñecementos Q de Calidade Turística Galicia 2015
Por Redacción |
-
Iceta en Pontevedra pide ao PSdG que "hagan piña" co candidato elixido polos militantes
Por Alejandro Espiño |