Mellora para as áreas infantís da Praza da Constitución de Cuntis
Por Redacción
O Concello de Cuntis acometerá a mellora da zona infantil da Praza da Constitución.
Tras unha primeira fase de mellora do parque, realizouse unha inspección técnica das áreas infantís para determinar a actuación necesaria.
Nunha primeira actuación xa se adecuou o parque situado xunto ao Concello, que quedou só pendente dun retoque no caucho que ha de realizarse cando non teña ningún tipo de humidade.
Agora está previsto cambiar os elementos de xogo e delimitar a zona.
Para acometer os traballos o Concello contará cunha subvención da Consellería de Presidencia a través de fonfos europeos FEADER, que custeará o 80% do investimento, presupostada na súa totalidade en 49.947 euros.