Cambian as pitadas por unha repartición de panfletos como xesto de "boa vontade"
Por Oskar Viéitez
Os traballadores do Parque de Maquinaria presentará o vindeiro luns no rexistro da Deputación unha petición de entrevista coa presidenta, Carmela Silva e o vicepresidente, César Mosquera, para "buscar unha saída" a esta situación de conflito aberta.
Segundo explicou José Ramón Piñeiro, delegado de Comisións Obreiras na Deputación, como xesto de "boa vontade" este venres non acudiron "a pitar" ao Pazo Provincial senón que optaron por distribuír dez mil papeis nos que explican a súa versión deste conflito laboral que lles mantén enfrontados co goberno provincial.
"Co ánimo de buscar un punto de encontro e abrir unha vía de diálogo" tamén suspenden as protestas ante a sede institucional durante a próxima semana.
Mentres tanto decidiron arrincar esta campaña informativa na sede do BNG en Pontevedra onde fixeron entrega dun destes panfletos cos que "queren trasladar á opinión pública as falsidades que está a utilizar o señor Mosquera", en referencia ás declaracións do vicepresidente da Deputación sobre as nóminas que perciben estes traballadores.
Relacionadas:
-
Os funcionarios do Parque de Maquinaria boicotean o Pleno da Deputación
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez |
-
Mosquera insta o PP a "parar esta tolería", coroa mortuoria incluída, do Parque de Maquinaria
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
A Deputación avaliará a eficacia do novo modelo de organización do Parque de Maquinaria
Por Redacción |
-
Carmela Silva, disposta a dialogar cos traballadores do parque de maquinaria
Por Oskar Viéitez |
-
Comisións Obreiras critica a pintada insultante ao xefe das brigadas e xustifica chamar "mentiroso" a Mosquera
Por Oskar Viéitez |
-
Recollen sinaturas de apoio ao traballador da Deputación ameazado nunhas pintadas
Por Oskar Viéitez |
-
Aparecen pintadas ameazantes no domicilio familiar do coordinador das brigadas provinciais
Por Redacción |
-
A Deputación estuda accións legais contra Comisións Obreiras polos ataques "fascistas" a Mosquera
Por Oskar Viéitez |
-
Canto cobran os traballadores do Parque de Maquinaria? Coñece aquí os datos, que a Deputación considera "privilexios"
Por Natalia Puga |