Cruz Vermella entregará 5.000 lotes de hixiene infantil para familias afectadas pola crise
Por Oskar Viéitez
Cruz Vermella deu a coñecer hoxe unha iniciativa coa que quere axudar ás familias con poucos recursos que teñan pícaros de 0 a 3 anos.
Pero a cousa non remata aí, a presidenta provincial de Cruz Vermella, Teresa Álvarez, explicou que "se atenderán a un total de 4.533 persoas máis das que actualmente atende na provincia pontevedresa que no ano 2011 foron 34.775 en todos os seus programas".
O obxectivo é atender a máis persoas en situación de extrema vulnerabilidade: familias con todos os seus membros en paro, nenos que viven en fogares pobres, persoas maiores con responsabilidades ou cargas familiares, persoas paradas en desemprego de longa duración, persoas sen fogar ou mozos en paro
Ademais este novo proxecto arrinca hoxe co reparto destes lotes que inclúen cueiros, cremas, toalliñas húmidas e outros artigos de hixiene infantil.
O nome co que bautizaron este programa é moi atinado "Agora máis que nunca".
No caso de toda Galicia preténdese atender a 15.000 persoas.
A atención á infancia foi sempre una das prioridades de Cruz Vermella, segundo explícanos a coordinadora provincial, Pilar Méndez, "en acollemento familiar beneficiáronse, ata o 31 de decembro de 2012, 63 nenos, 357 recibiron material escolar, entregáronse xoguetes a 262 nenos e cada semana 97 reciben apoio escolar".
Pero a actual situación esixe facer "algo máis", de aí esta iniciativa.