Arquivan o caso contra Nino Mirón polo roubo no seu antigo chalé
Por Redacción
O Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Cambados arquivou a causa aberta para investigar o suposto roubo no antigo chalé do empresario da construción e ex presidente do Pontevedra Club de Fútbol Nino Mirón, producido tras a venda deste no marco dun concurso de acredores.
Fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmaron que o xulgado decidiu o sobresemento provisional da causa. O xulgado xa estudara dúas denuncias previas presentadas en decembro de 2015 e xaneiro de 2016 por este tema e arquiváraas, pero o caso volveu abrirse unha vez que a Garda Civil detivo a Nino Mirón a principios de abril.
A Garda Civil detivo a Nino Mirón e deixouno en liberdade antes da súa posta a disposición xudicial. Tras recibir o astestado e seguir investigando o caso, o xuíz decidiu arquivalo e agora o caso poderá seguir pola vía administrativa, pero non pola vía penal.
O administrador concursal e o novo dono do chalé de Nino Mirón consideran que este lles roubou porque, unha vez que a casa se vendeu, desapareceron numerosos obxectos da mesma. O xulgado non ve existencia de delito nese comportamento, pero agora haberá que determinar se existe ou non algunha responsabilidade civil.
O novo propietario do chalé adquiriuno estando nunha situación concursal e, á hora da súa adxudicación ,atopouse o mesmo totalmente desvalixado, detectando que faltaban todo tipo de efectos e, por exemplo, dúas oliveiras que foron atopados nun domicilio dun familiar de Nino Mirón. En total, reclama máis de 800.000 euros que agora haberá que establecer quen paga.
Relacionadas:
-
Investigan a Nino Mirón por desvalixar o seu antigo chalé de Sanxenxo
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada