Unha persoa ferida nunha colisión múltiple na rotonda de Alba
Por Redacción
Unha persoa quedou ferida nun accidente múltiple rexistrado este luns en Pontevedra. Na colisión víronse implicados tres vehículos.
O sinistro produciuse á altura da rotonda de Alba, na estrada que une a cidade do Lérez con Vilagarcía.
Segundo informou o 112 Galicia se tivo constancia do acontecido ás 11:00 da mañá.
O persoal do CAE 112 Galicia comunicou a colisión múltiple aos Bombeiros de Pontevedra, a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico.
A persoa ferida acabou sendo trasladada a un centro sanitario de referencia.