Operativo de tráfico en Sanxenxo con motivo do tríatlon de media distancia
Por Redacción
Con motivo do I Tríatlon de Media Distancia de Sanxenxo, que se celebrará o vindeiro domingo, día 8 de maio, o Concello informou que haberá restricións ao tráfico rodado entre Sanxenxo e O Grove nas seguintes vias.
Entre as 7 horas, e ata as 16 horas, na rúa Madrid, paseo de Silgar, Avenida do Porto, Luís Rocafort e todas as vías que dan acceso ás vías mencionadas.
En Portonovo estará cortado o tráfico rodado no interior da vila, entre as 8 e as 14 horas. As saídas faranse pola rúa A Perla e a rúa Arenal coa estrada da Lanzada. O acceso ao centro da vila farase pola rúa Rafael Picó con avenida de Galicia.
Ademais, a estrada PO-308 permanecerá pechada ao tráfico de 8 a 14 horas, entre a rontonda de Arnelas e rotonda de Baltar e a estrada A Lanzada ata a rotonda de saída da via rápida Sanxenxo - O Grove.
Non estará permitido o acceso á estrada da Lanzada (PO-308) desde a estrada de Adina (EP-9206), estrada Noalla - Aios (EP-9208), nin desde a estrada de Noalla (EP-9212).