Un convenio para romper con la pobreza hereditaria
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
A pobreza hérdase. O maior risco de exclusión social dáse nas familias con fillos.
O último informe de Cáritas revela que oito de cada dez persoas que viviron graves dificultades económicas na súa infancia e adolescencia están a revivilas na actualidade como persoas adultas.
Os servizos sociais de Pontevedra tratan hoxe a persoas excluídas, do mesmo xeito que antes estivérono os seus pais e antes os seus avós.
O Concello de Pontevedra asinou xunto á consellería de Política Social e a Obra Social "La Caixa" un convenio para implantar un programa centrado na atención a 50 familias con nenos de entre 0 e 18 anos en situación de vulnerabilidade social, co fin de promover e apoiar o seu desenvolvemento de forma integral.
O programa "busca romper a liña de transmisión da pobreza de pais a fillos e fomentar a igualdade de oportunidades", explicou o alcalde Fernández Lores.
Para tal fin, o convenio está dotado con 225.000 euros en tres anos para atender non só aos nenos senón ás súas familias para poder ofrecerlles un futuro de oportunidades.
Segundo explicou o director corporativo da área Social da fundación "La Caixa" esta colaboración concretarase no desenvolvemento conxunto de cinco liñas fundamentais de actuación á infancia como son o reforzo educativo, a educación non formal e tempo libre, o apoio educativo familiar, a atención e terapia psicosocial, e a promoción da saúde.
Tamén o programa busca facilitar o acceso aos bens básicos máis básicos (alimentación, produtos de hixiene, equipamento escolar, lentes e audífonos) para garantir que os nenos estean en igualdade de condicións á hora de labrarse un futuro por eles mesmos rompendo co lastre da pobreza e saíndo da zona de risco de excusión social.